REGULAMENTO DEPORTIVO

normas

Regulamento Deportivo 2013 (1)

A XEITO DE LEMBRANZA:

Hora dos reloxos.
Para a sincronización dos reloxos, tomarase no reloxo da web da F.C.G.

Controis e fiscaización dos concursos:
Comezarán a partires de esta semana, os controis de documentación, hora exacta dos reloxos, e posibles reanelamentos de pombas.

Desinacións pra Benavente-I:
-10 pombas para o campionato de España – Serán as 10 primeiras que aparezan na lista dos CN1. lembrade que, como sempre, estas pombas viaxarán en caixas específicas para elas e rotuladas como “palomas designadas“.
-10 pombas para o campionato galego – (poden ser tamén calquera das inscritas para o CE,) Procedendo como se indica no arquivo “Resumo normativa” a marcalas no Coloms, nas listas de impresión e nos CN1 EXCLUSIVAMENTE coas siglas GL.

Documentación imprescindible a presentar pra esta solta: Non esquezades incluir os selos do Club e as sinaturas dos propietarios.
Enceste:
-Resumo da solta.
-CN1 (manuais ou do Coloms) tanto dos reloxos electrónicos, coma dos mecánicos. (No caso dos mecánicos, serán por duplicado). É preciso pra remitilos á sede da R.F.C.E., para o CE.
-Impresión do enceste dos reloxos electrónicos.

Feche da solta e apertura dos reloxos:
-Resumo da solta, incluindo as recibidas.
-CN1 constando as horas de recepción (manuais ou do Coloms) tanto dos reloxos electrónicos, coma dos mecánicos. (No caso dos mecánicos, serán por duplicado).
-Impresión das recibidas dos reloxos electrónicos.
-Impresión das recibidas dos reloxos mecánicos. Este ano, por regulamentación, solicítanse as impresións dos reloxos mecánicos.

……………………………………………………………………………………………………….

Por favor, pedímosvos a todos a máxima colaboración.
En caso de que teñades dúbidas ou problemas, poñédevos en contacto con esta comisión. Non entredes en pánico. Tentaremos axudar no que poidamos se está na nosa man.

Se quedase algo por explicar, tentaremos achegárvolo na menor brevedade posible.

Un saúdo e moito ánimo pra Benavente.

Comisión de Concursos da Federación Columbófila Galega.